mércores, 23 de abril de 2014

"Os nosos avós e avoas CONTAN"

Na celebración do día do libro deste ano, os protagonistas foron as avoas e avós dalgúns nenos e nenas do colexio.
Actuaron como contadores de historias tanto da súa vida como de outras que aparecen nos libros de contos.
Os grupos de 3ºA, 3ºB, 4ª, 5º e 6º escoitaron as historias que lles contaron María (avoa de Santi de 1ºA) e José (avó de Mario de 1ºB e Martín de Educación Infantil).
As nenas e nenos de Educación Infantil, 1ºA, 1ºB e 2º disfrutaron coas lecturas dos contos "Avós", lido por Rosi (avoa de Saray de 1ºB e Ian de Educación Infantil) e de "Ti tamén, Inés?" lido por Vituca (avoa de Candela de 1ºA) así como tamén cos que lles contaron María e José.




Moitísimas grazas pola vosas historias!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario