domingo, 15 de novembro de 2015

Contos de medo e misterio

Aquí deixámosvos unha presentación coas portadas dalgúns contos de medo e misterio que podedes atopar na biblioteca.



Animádevos a lelos!
Pasarédelo........DE MEDO!!!!

CONTOS A CARÓN DO LUME 2015

Comezamos as actividades na biblioteca cunha nova edición de "Contos a carón do lume" para celebrar o Samaín.
As lecturas elexidas nesta ocasión foron:
"A min non me comas!" para Educación Infantil, 1º e 2º; "Que medo, mamá Raquel!" para 3º e 4º; e a lenda do Lobishome para 5º e 6º.


Como o proxecto de centro deste curso é "Un conto de cine", ademais de contos, tamén tivemos proxeccións de curtametraxes:
" A figueira de Pelostortos" para Educación Infantil, 1º, 2º e 3º; e "A Meiga Chuchona" para 4º, 5º e 6º.
 
Temos que agradecer a Hugo, Nora, Alicia, Alejandro, Laura e Adriana (alumnos e alumnas de 6º e membros do club de lectura) a súa participación dándonos a coñecer a diferentes personaxes  da literatura popular galega que acostuman a aparecer nas historias de medo:
                                          -Meiga Chuchona
                                          -Home do saco
                                          -Lobishome
                                          -Sacaúntos
                                          -Santa Compaña





domingo, 26 de abril de 2015

Celebración día do libro

Para celebrar o Día Internacional do Libro xuntámonos na biblioteca e coñecimos a obra  "Si Yo Fuese Un Libro", publicado pola editorial Juventud. Poidemos ler algunhas das fermosas frases e ver as marabillosas ilustracións coas que os autores do libro, José Jorge Letria e André Letria, nos obsequian neste álbum ilustrado. 

Nós tamén escribimos as nosas frases e de entre todas, foron seleccionadas sete que podedes ler na seguinte presentación.


Tamén disfrutamos coa proxección da curtametraxe gañadora dun premio Oscar, "Los fantásticos libros voladores del sr. Morris Lessmore" (2011).


mércores, 22 de abril de 2015

Visita do autor de "Feliz Feroz"

Onte o alumnado de 2ºA e 2ºB coñeceu a El Hematocrítico,  autor do libro Feliz Feroz.
O noso "Lobito" particular fixo a presentación de Miguel, xa que é así como se chama en realidade.
Miguel respostoulles a todas as preguntas que lle fixeron sobre o libro de Feliz Feroz e, ademais, pediulles ideas para escribir novas historias.
Estiveron encantados coa súa visita e quedaron moi contentos coas dedicatorias que lles escribiu.