domingo, 27 de abril de 2014

LIBROS DE CINE



Rematamos abril cunha actividade máis para celebrar o mes do libro e da multiculturalidade; neste caso dentro do noso proxecto de centro "San Xoán de película".
Trátase dunha proxección de diferentes trailers de películas baseadas nalgúns libros que temos na biblioteca e propoñémosvos que adiviñedes o libro ao que fan referencia.

mércores, 23 de abril de 2014

"Os nosos avós e avoas CONTAN"

Na celebración do día do libro deste ano, os protagonistas foron as avoas e avós dalgúns nenos e nenas do colexio.
Actuaron como contadores de historias tanto da súa vida como de outras que aparecen nos libros de contos.
Os grupos de 3ºA, 3ºB, 4ª, 5º e 6º escoitaron as historias que lles contaron María (avoa de Santi de 1ºA) e José (avó de Mario de 1ºB e Martín de Educación Infantil).
As nenas e nenos de Educación Infantil, 1ºA, 1ºB e 2º disfrutaron coas lecturas dos contos "Avós", lido por Rosi (avoa de Saray de 1ºB e Ian de Educación Infantil) e de "Ti tamén, Inés?" lido por Vituca (avoa de Candela de 1ºA) así como tamén cos que lles contaron María e José.




Moitísimas grazas pola vosas historias!!!!

luns, 21 de abril de 2014

En que país ocorreu?...

CONCURSO: 
Seredes capaces de adiviñar en que países do mundo ocorreron as accións que se desenvolven nestas películas? 


           





mércores, 2 de abril de 2014

Visita de ALICIA BORRÁS


O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiron a visita da escritora Alicia Borrás despois de ler a súa obra "Nata y chocolate".