sábado, 30 de abril de 2016

As familias CONTAN

O pasado 26 de abril tivemos a nosa particular celebración do día do libro coa actividade "As familias CONTAN".
Disfrutamos das animadas lecturas de pais, nais, avós e avoas de diferentes alumnos e alumnas do colexio. Contamos tamén cuns invitados especiais: mestres e mestras do país de Gales e Polonia que quixeron ver como participan as familias na vida do noso centro.
Motísimas grazas pola vosa colaboración!!!

domingo, 17 de abril de 2016

Lectores e lectoras do mes

Como sabedes, o mes de xaneiro comezamos a elexir ao lector ou lectora do mes, tendo en conta aos nenos e nenas que máis libros da biblioteca lean e queiran compartir cos demais as súas opinión sobre os mesmos.
Recordade que para participar nesta elección, o único que tedes que facer é ler o libro que desexedes e cubrir a ficha que se vos proporcionará no momento de realizar o empréstito.

Aquí deixamosvos os/as elexidos/as dos meses de xaneiro e febreiro.