domingo, 16 de decembro de 2012

NOVIDADES Decembro

Antes de colocalas nos andeis, queremos que poidades botarlle un ollo ás novidades que incorporamos ao noso catálogo. Para isto preparámosvos unha pequena exposición dos libros novos na biblioteca.
Entre esta selección podedes atopar algúns libros propios destas datas como son :



 dúas historias novas sobre o Apalpador e unha colección de cancións de Nadal do grupo Mamá Cabra.
E....para saber que celebramos no Nadal, coñecer personaxes como Pandigueiro e Xan fiz, todos os costumes e tradicións propios de Noitevella e Aninovo, e moitas curiosidades máis, non deixedes de consultar este precioso libro:


(Premendo na imaxe podedes ver unha interesante entrevista con Antonio Reigosa, autor de "Trece noite, trece lúas")





xoves, 22 de novembro de 2012

"La quimera del oro" de Charles Chaplin

Xa temos na biblioteca o noso primeiro libro baseado nun gran clásico do cine mudo: La quimera del oro.
Os textos e as ilustracións conservan o humor e a astucia de Charlot. Inclúe un capítulo final con información sobre como se fixo a película, fotografías da época e interesantes anécdotas.


mércores, 14 de novembro de 2012

domingo, 11 de novembro de 2012

Lecturas de MEEEEDO!!!!!!!!!

Durante os momentos lectores desta semana poderedes escoitar, na biblioteca, historias de medo que os vosos compañeiros escribiron para asustarvos.

CORTOS DE MEDO!!!!!


Consultade a carteleira para coñecer a programación do mes de novembro.